
Número de visitas
21 feb 2019
Exposición das cestas entroideiras
Dende o Colexio enviamos o noso agradecemento a todas as familias e ao pequeno comercio local de Celeiro e Viveiro pola gran colaboración prestada ao alumnado de 5º e 6º curso, que foron a recoller as diferentes doacións para poder realizar este sorteo das cestas entroideiras.
O recaudado na venda das rifas será para a realización das excursións de fin de curso.
Moitísimas gracias a tod@s os colaboradores e colaboradoras!!!
Cesta número 1, para o sorteo do luns, 4 de marzo.
Cesta número 2, para o sorteo do martes, 5 de marzo.Cesta número 3, para o sorteo do mércores, 6 de marzo.
18 feb 2019
CESTAS DO ENTROIDO
O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria, para recaudar fondos para as
excursións, venderán rifas
para sortear 3 grandes cestas entroideiras.
Os premios coincidirán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE:
Os premios coincidirán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE:
- 1ª cesta, luns 4 de marzo
- 2ª cesta, martes 5 de marzo
- 3ª cesta, mércores 6 de marzo
13 feb 2019
Programa previsto para este ENTROIDO
O venres, 1 de marzo, celebraremos a nosa tradicional festa de Entroido.
- Desfile polas rúas do Chao (ás 11:30 horas) con disfraces relacionados co mundo dos bosques e montes: flora e fauna galega ou personaxes fantásticos (fadas, trasnos, santa compaña, ananos, bruxas...)
- A continuación chocolatada con larpeiradas antroideiras no patio do colexio
- Bailes e cancións.
12 feb 2019
20 feb 2018
Premiados coas cestas
Xa apareceu o 2º premio e foi para Jorge Guerreiro,
alumno de 6º curso.
Queda por aparecer o 3º premio que foi tamén vendido,
non así o 1º premio que foi devolto sen vender.
15 feb 2018
Rematamos o Entroido!
O Enterro da Sardiña en Viveiro carazterízase pola súa tradición e espectacularidade. Celébrase o Mércores de Cinza, último día dos festexos do Entroido.
A sardiña representa o Entroido e vai acompañada cun séquito fúnebre ataviados con túnicas brancas, turbantes e abelorios. Ao longo de todo o percorrido, polas rúas de Viveiro, entóanse varias cancións propias do noso Entroido.
No colexio de Celeiro fixemos tamén o Enterro da Sardiña. Ataviados con roupas brancas, turbantes... disfilamos polas rúas do Chao cantando as cancións que preparamos para a ocasión. Ao rematar queimamos a sardiña no patio do colexio en presencia das "choronas e autoridades que nos acompañaron".
No vídeo podemos ver unha pequena reportaxe
14 feb 2018
Números premiados das rifas para as cestas de Entroido
Os números do sorteo coincidentes coas catro últimas cifras do
8777
Cesta nº 1
Cesta nº 1
Sorteo do martes, 13 de febreiro
2699
Cesta nº 2
Cesta nº 2
Sorteo do mércores, 14 de febreiro
9546
Cesta nº 3
Cesta nº 3
9 feb 2018
Ambientamos o Entroido
No seguinte vídeo podemos ver todos os traballos que realizaron nas aulas o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso.
1 feb 2018
Cestas Entroideiras
Como en anos anteriores, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso, para recaudar fondos para as
excursións, venderán rifas
para sortear 3 grandes cestas entroideiras.
Os premios coincidirán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE:
Os premios coincidirán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE:
- 1º premio (sorteo do 12 de febreiro)
- 2º premio (sorteo do día 13 de febreiro)
- 3º premio (sorteo do día 14 de febreiro)
29 ene 2018
Unha achega ao Entroido de Viveiro
Como este ano o noso Proxecto Documental é Viveiro, o noso Concello, a temática do Entroido será O ENTERRO DA SARDIÑA, que pon remate ao Entroido de Viveiro.
Unidade Didáctica realizada por Socorro Giz
(mestra e presidenta da Banda de Música de Viveiro).
14 mar 2017
Entrega da 3ª cesta entroideira
A familia da nosa alumna Paula Ramos foi agraciada coa 3ª cesta entroideira. Noraboa!
Seguimos á espera da rifa do 2º premio.
A rifa para o 1º premio non foi vendida.
6 mar 2017
Sorteo das cestas entroideiras
Desixamos aquí os números premiados no sorteo da ONCE, para levar as Cestas Entroideiras que prepararon os nenos e nenas de 5º e 6º, como actividade para recaudar fondos para a súa excursión de fin de curso.
24 feb 2017
E chegou o día da gran festa no colexio!
Hoxe, a partir da hora do recreo, tivemos unha gran festa no cole:
- Comimos larpeiradas e chocolate quentiño feito con moito cariño por Enrique. Estaba todo boísimo!
- A continuación fixemos un desfile por todo o barrio do Chao. As nosas familias agardábannos con moita espectativa e ilusión.
- Xa no patio do colexio cantamos as cancións que preparamos esta semana para animar o Entroido: A maxia do Carnaval, Canción do Entroido e Os pintores.
- Por último fixemos bailes e xogos. Que ben o pasamos!
16 feb 2017
15 feb 2017
Cestas Entroideiras
E como en anos anteriores, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso, para recaudar fondos para as
excursións, venderán rifas
para sortear 3 grandes cestas entroideiras.
Os premios coincidirán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE: 1º premio (sorteo do 1 de marzo), 2º premio (sorteo do día 2 de marzo) e 3º premio (sorteo do día 3 de marzo).
Os premios coincidirán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE: 1º premio (sorteo do 1 de marzo), 2º premio (sorteo do día 2 de marzo) e 3º premio (sorteo do día 3 de marzo).
8 feb 2017
Preparando o Entroido
O venres, 24 de febreiro, festexamos o Entroido. Como parte desta celebración faremos unha degustación de postres
típicos destas datas, para a cal cada alumn@ aportará unha pequeniña cantidade
de calquera deles, para posteriormente compartir entre tod@s. As bebidas
poñémolas nós!
Ademáis,
non vos podedes perder os disfraces deste ano, que deberán estar
relacionados coa pintura. Realizaremos un desfile pola zona do Chao, se o
tempo o permite, para que podades admirarnos.
CONSIGNAS MECO 2017
Amasando
as orellas,
florecen
os salgueiros,
arrecenden
as filloas,
o
entroido está moi preto.
O LUNS
o Meco manda,
actúa
con presteza,
adorna o
teu corpo,
trae
algo na CABEZA.
O MARTES
xa é chegado
o
entroido ven con gozo
non
sexas renegado
trae
algo no PESCOZO.
Agora
vai o MÉRCORES
non
quites o que xa tes
e xunto
a todo isto
trae
algo tamén nos PÉS.
Recorda
para este XOVES
non vir a cara lavada,
adornada
con boas cores
traerás
a CARA pintada.
O VENRES
é festa grande
comeremos
larpeiradas,
pasearemos
disfrazados
Viva o Entroido! Festa rachada!
7 feb 2017
Cancións para o Entroido 2017
Este ano a temática do noso Entroido é sobre a pintura: pintores, cadros...
10 feb 2016
SORTEO DAS CESTAS DE ENTROIDO 2016
LUNS, 8 DE
FEBREIRO 3079
MARTES, 9
FEBREIRO 4731
MÉRCORES,
10 FEBREIRO 9854
6 feb 2016
Gran Festa de Entroido
Despois dunha semana preparándonos para a Gran Festa de Entroido chegou o GRAN DÍA:
- Disfrazámonos de insectos
- Fixemos unha chocolatada con larpeiradas
- Desfilamos polas rúas do Chao para as nosas familias
- Xogamos e bailamos...
4 feb 2016
Os peliqueiros de Celeiro
Os nenos e nenas de 6º de Infantil traballaron o Entroido en Galicia e como colofón fixeron un pequeno desfile polas aulas do colexio a modo de PELIQUEIROS.
27 ene 2016
Sorteo de Cestas do Entroido
Os premios coincidirán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE: 1º premio (sorteo do 8 de febreiro), 2º premio (sorteo do día 9 de febreiro) e 3º premio (sorteo do día 10 de febreiro).
22 ene 2016
O Antroido de Viveiro
Có fin de garantir a pervivencia do Antroido en Viveiro a Comisión do
Antroido 2016 deseñou a unidade didáctica "Si te queres divertir. Unha
achega ao Antroido de Viveiro" para que o profesorado a poda traballar na
aula. Realizada por Socorro Giz (mestra e presidenta da Banda de Música de Viveiro).
Antroido 2016 deseñou a unidade didáctica "Si te queres divertir. Unha
achega ao Antroido de Viveiro" para que o profesorado a poda traballar na
aula. Realizada por Socorro Giz (mestra e presidenta da Banda de Música de Viveiro).
13 ene 2016
18 feb 2015
Sorteos das cestas entroideiras
Para ver os números premiados podemos entrar na páxina da ONCE.
Clica na imaxe
O agraciado ou agraciada que teña a papeleta co número coincidente coas
catro últimas cifras
1º premio: luns, 16 febreiro 4416
2º premio: martes, 17 febreiro 0713
3º premio: mércores, 18 febreiro 7727
Poden pasar polo colexio a recoller as cestas. NORABOA!!!
catro últimas cifras
1º premio: luns, 16 febreiro 4416
2º premio: martes, 17 febreiro 0713
3º premio: mércores, 18 febreiro 7727
Poden pasar polo colexio a recoller as cestas. NORABOA!!!
14 feb 2015
Festa de Entroido no Colexio
O venres, 13 de febreiro, celebramos a nosa particular Festa de Entroido no Colexio.
Houbo chocolatada, larpeiradas, desfile de disfraces, xogos e cancións.
Que ben o pasamos!
13 feb 2015
12 feb 2015
Máis traballos entroideiros
Neste vídeo presentamos os murais realizados nas diferentes aulas de infantil e primaria e que fan referencia aos alimentos propios do Entroido.
Tamén podemos ver os diferentes modelos de antifaces e caroutas que elaboraron todos os nenos e nenas tanto de infantil coma de primaria.
10 feb 2015
Cestas de Entroido
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso foron os encargados de pedir a colaboración das diferentes empresas, tendas, particulares...e con todo o que conseguiron fixéronse as tres cestas entroideiras que se sortearán os días 16, 17 e 18 de febreiro.
As rifas xa están á venda. O que máis compre terá máis oportunidade!!!
9 feb 2015
4 feb 2015
Cancións para o Entroido 2015
Na seguinte presentación podemos aprender as letras das cancións que imos cantar no Entroido
Estas son as músicas
Estas son as músicas
Preparando o ENTROIDO
Este ano o entroido celébrase os días 16, 17 e 18 de febreiro. No colexio imos celebralo o venres anterior, 13 de febreiro,
en horario escolar. Faremos un pequeno desfile polas rúas do Chao (se o tempo o permite, senón farémolo no Pavillón do colexio) e para
elo os nenos e nenos virán disfrazados atendendo ao tema do Proxecto
deste curso "ALIMÉNTATE BEN", polo que cada neno ou nena virá disfrazado/a libremente seguindo o tema.
Ademáis faremos unha chocolatada que
acompañaremos cunha degustación de larpeiradas de entroido (filloas,
orellas, rosquiñas...) que cada neno/a traerá da súa casa.
Tamén levaremos a cabo a actividade: O MECO manda...
Os premios coincidirán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE: 1º premio (sorteo do 16 de febreiro), 2º premio (sorteo do día 17 de febreiro) e 3º premio (sorteo do día 18 de febreiro).
2 feb 2015
Cancións para este Entroido
O Coro do Colexio xa está ensaiando as cancións para o ENTROIDO 2015.
O tema escollido é o do Proxecto: ALIMÉNTATE BEN
Por iso as letras das dúas cancións:
UNHA ORQUESTRA DIVERTIDA
PARA CRECER DEBEMOS COMER
fan referencia aos alimentos e todo o relacionado coa alimentación.
5 mar 2014
Aquí están os premiados das rifas!!!
Apareceron os premiados da 1ª e 2ª cesta.
Nas fotos están as familias recollendo as cestas.
As rifas foron vendidas por Noel de 6º e Diego de 5º.
Nas fotos están as familias recollendo as cestas.
28 feb 2014
E por fin, a gran festa!!!
Aquí vos deixamos os vídeos da Festa do Noso Entroido. Ainda que choveu, pasámolo moi ben!
Traballos de 2º curso
Os alumnos e alumnas de 2º curso fixeron uns traballos sobre o Entroido, podemos velos na seguinte presentación:
27 feb 2014
Estamos a preparar a festa de disfraces.
Na mañá do venres, 28 de febreiro, a partir das 11:30 horas, celebraremos a nosa particular "Festa de disfraces do Entroido". (Este ano xirarán en torno ao Antigo Exipto)
Este é o programa:
- Merendola con larpeiradas antroideiras e chocolate, para poñer bon corpo!
- Desfile polas rúas do Chao, se vai bo tempo; se chove farémolo no Pavillón do colexio "Enrique Basanta".
- Ao regresar, no patio do colexio, cantaremos as cancións que estivemos preparando esta semana:
- Canción do Entroido.
- A maxia do Carnaval.
- As momias de colores
- Drilo, o crocodrilo.
- A continuación, pasarémolo moi ben facendo o "Baile da escoba".
- Tamén teremos tempo para xogar e disfrutar dos nosos disfraces.
Premios das cestas de entroido
Para ver os números premiados podemos entrar na páxina da ONCE.
Clica na imaxe
O agraciado ou agraciada que teña a papeleta co número coincidente coas catro últimas cifras
1ª cesta, martes 25 febreiro 0267
2ª cesta, mércores 26 febreiro 6707
3ª cesta, xoves 27 febreiro 0862
1ª cesta, martes 25 febreiro 0267
2ª cesta, mércores 26 febreiro 6707
3ª cesta, xoves 27 febreiro 0862
Os agraciados poden pasar polo colexio a recoller as cestas. NORABOA!!!
26 feb 2014
Caroutas e antifaces de 5º de Infantil
Nas aulas de Infantil están elaborando moitos traballos relacionados co Entroido.
Ollade que ben traballaron os nenos e nenas de 5º de Infantil
24 feb 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









.gif)















