Ademáis,
non vos podedes perder os disfraces deste ano, que deberán estar
relacionados coa pintura. Realizaremos un desfile pola zona do Chao, se o
tempo o permite, para que podades admirarnos.
CONSIGNAS MECO 2017
Amasando
as orellas,
florecen
os salgueiros,
arrecenden
as filloas,
o
entroido está moi preto.
O LUNS
o Meco manda,
actúa
con presteza,
adorna o
teu corpo,
trae
algo na CABEZA.
O MARTES
xa é chegado
o
entroido ven con gozo
non
sexas renegado
trae
algo no PESCOZO.
Agora
vai o MÉRCORES
non
quites o que xa tes
e xunto
a todo isto
trae
algo tamén nos PÉS.
Recorda
para este XOVES
non vir a cara lavada,
adornada
con boas cores
traerás
a CARA pintada.
O VENRES
é festa grande
comeremos
larpeiradas,
pasearemos
disfrazados
Viva o Entroido! Festa rachada!