4 feb 2015

Preparando o ENTROIDO

Este ano o entroido celébrase os días 16, 17 e 18 de febreiro. No colexio imos celebralo o venres anterior, 13 de febreiro, en horario escolar. Faremos un pequeno desfile polas rúas do Chao (se o tempo o permite, senón farémolo no Pavillón do colexio) e para elo os nenos e nenos virán disfrazados atendendo ao tema do Proxecto deste curso "ALIMÉNTATE BEN", polo que cada neno ou nena virá disfrazado/a libremente seguindo o tema.


    Ademáis faremos unha chocolatada que acompañaremos cunha degustación de larpeiradas de entroido (filloas, orellas, rosquiñas...) que cada neno/a traerá da súa casa.

    Tamén levaremos a cabo a actividade:  O MECO manda...


    Queremos comunicarvos tamén que os alumnos e alumnas do 3º ciclo, para recaudar fondos para as excursións, venderán rifas  para sortear 3 grandes cestas entroideiras. 
    Os premios coincidirán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE: 1º premio (sorteo do 16 de febreiro), 2º premio (sorteo do día 17 de febreiro) e 3º premio (sorteo do día 18 de febreiro).