Hoxe, a partir da hora do recreo, tivemos unha gran festa no cole:
- Comimos larpeiradas e chocolate quentiño feito con moito cariño por Enrique. Estaba todo boísimo!
- A continuación fixemos un desfile por todo o barrio do Chao. As nosas familias agardábannos con moita espectativa e ilusión.
- Xa no patio do colexio cantamos as cancións que preparamos esta semana para animar o Entroido: A maxia do Carnaval, Canción do Entroido e Os pintores.
- Por último fixemos bailes e xogos. Que ben o pasamos!