Na mañá do venres, 28 de febreiro, a partir das 11:30 horas, celebraremos a nosa particular "Festa de disfraces do Entroido". (Este ano xirarán en torno ao Antigo Exipto)
Este é o programa:
- Merendola con larpeiradas antroideiras e chocolate, para poñer bon corpo!
- Desfile polas rúas do Chao, se vai bo tempo; se chove farémolo no Pavillón do colexio "Enrique Basanta".
- Ao regresar, no patio do colexio, cantaremos as cancións que estivemos preparando esta semana:
- Canción do Entroido.
- A maxia do Carnaval.
- As momias de colores
- Drilo, o crocodrilo.
- A continuación, pasarémolo moi ben facendo o "Baile da escoba".
- Tamén teremos tempo para xogar e disfrutar dos nosos disfraces.