12 mar 2019

Gañadoras das cestas

Familia gañadora da cesta número 1 coa rifa 2248.
Familia gañadora das cesta número 2 coa rifa 5388.


NORABOA!!!


Seguimos á espera dos agraciados coa rifa para a cesta número 3.

6 mar 2019

Sorteos das cestas entroideiras


Para ver os números premiados podemos entrar na páxina da ONCE.
 Clica na imaxe

http://www.resultados11.es/

O agraciado ou agraciada que teña a papeleta co número coincidente coas
catro últimas cifras

1º premio: luns,  4 de marzo     2248
2º premio: martes, 5 de marzo      5388
3º premio: mércores, 6 de marzo     0540

Poden pasar polo colexio a recoller as cestas.   NORABOA!!!

2 mar 2019

FESTA DE ENTROIDO 2019


O venres, 1 de marzo, celebramos a nosa tradicional festa de Entroido.
  • Desfile polas rúas do Chao  con disfraces relacionados co mundo dos bosques e montes: flora e fauna galega ou personaxes fantásticos (fadas, trasnos, santa compaña, ananos, bruxas...), tamén houbo leñadores e corredoras da CAMOVI.
  • A continuación chocolatada con larpeiradas antroideiras no patio do colexio
  • Bailes e cancións.


21 feb 2019

O MECO MANDA

Aquí temos os "mandatos" do MECO








Exposición das cestas entroideiras

Dende o Colexio enviamos o noso agradecemento a todas as familias e ao pequeno comercio local de Celeiro e Viveiro pola gran colaboración prestada ao alumnado de 5º e 6º curso, que foron a recoller as diferentes doacións para poder realizar este sorteo das cestas entroideiras. 
O recaudado na venda das rifas será para a realización das excursións de fin de curso.
Moitísimas gracias a tod@s os colaboradores e colaboradoras!!!

 Cesta número 1, para o sorteo do luns, 4 de marzo.
 Cesta número 2, para o sorteo do martes, 5 de marzo.
Cesta número 3, para o sorteo do mércores, 6 de marzo.

18 feb 2019

CESTAS DO ENTROIDO

O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria, para recaudar fondos para as excursións, venderán rifas  para sortear 3 grandes cestas entroideiras. 
Os premios coincidirán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE: 
  • 1ª cesta, luns 4 de marzo
  • 2ª cesta, martes 5 de marzo
  • 3ª cesta, mércores 6 de marzo 
 

13 feb 2019

CANCIÓNS PARA ESTE ENTROIDO





Programa previsto para este ENTROIDO

O venres, 1 de marzo, celebraremos a nosa tradicional festa de Entroido.
  • Desfile polas rúas do Chao (ás 11:30 horas) con disfraces relacionados co mundo dos bosques e montes: flora e fauna galega ou personaxes fantásticos (fadas, trasnos, santa compaña, ananos, bruxas...)
  • A continuación chocolatada con larpeiradas antroideiras no patio do colexio
  • Bailes e cancións.
Durante a semana do luns 25 ata o xoves 28  seguiremos os mandatos do MECO.