20 feb 2018

Premiados coas cestas

Xa apareceu o 2º premio e foi para Jorge Guerreiro, 
alumno de 6º curso.


Queda por aparecer o 3º premio que foi tamén vendido, 
non así o 1º premio que foi devolto sen vender.

15 feb 2018

Rematamos o Entroido!

O Enterro da Sardiña en Viveiro carazterízase pola súa tradición e espectacularidade. Celébrase o Mércores de Cinza, último día dos festexos do Entroido. 
A sardiña representa o Entroido e vai acompañada cun  séquito fúnebre ataviados  con túnicas brancas, turbantes e abelorios. Ao longo de todo o percorrido, polas rúas de Viveiro, entóanse varias cancións propias do noso Entroido.
No colexio de Celeiro fixemos tamén o Enterro da Sardiña. Ataviados con roupas brancas, turbantes... disfilamos polas rúas do Chao cantando as cancións que preparamos para a ocasión. Ao rematar queimamos a sardiña no patio do colexio en presencia das "choronas e autoridades que nos acompañaron".
No vídeo podemos ver unha pequena reportaxe




14 feb 2018

Números premiados das rifas para as cestas de Entroido

Os números do sorteo coincidentes coas catro últimas cifras do  

 Sorteo do luns, 12 de febreiro
                   8777
Cesta nº 1




 Sorteo do martes, 13 de febreiro
                2699
Cesta nº 2 


Sorteo do mércores, 14 de febreiro

             9546    
Cesta nº 3  

9 feb 2018

Ambientamos o Entroido

No seguinte vídeo podemos ver todos os traballos que realizaron nas aulas o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso.


1 feb 2018

Consignas do MECO


Cestas Entroideiras

Como en anos anteriores, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso, para recaudar fondos para as excursións, venderán rifas  para sortear 3 grandes cestas entroideiras. 
Os premios coincidirán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE: 
  • 1º premio (sorteo do 12 de febreiro)
  • 2º premio (sorteo do día 13 de febreiro) 
  • 3º premio (sorteo do día 14 de febreiro)


29 ene 2018

Cancións para o Enterro da Sardiña


Unha achega ao Entroido de Viveiro

Como este ano o noso Proxecto Documental é Viveiro, o noso Concello, a temática do Entroido será O ENTERRO DA SARDIÑA, que pon remate ao Entroido de Viveiro.

Unidade Didáctica realizada por Socorro Giz
 (mestra e presidenta da Banda de Música de Viveiro).

VIVA O ENTROIDO 2018