O venres, 17 de febreiro, o colexio encheuse de disfraces moi diversos e divertidos. Foi un día moi especial pois realizamos o xa tradicional desfile polas rúas do Chao, acompañáronnos as familias que estaban desexosos de ver desfilar ás nenas e nenos.
O tempo tamén nos acompañou, lucía un sol expléndido que convidaba ao paseo.
Despois do desfile degustamos os típicos doces de Entroido: rosquillas, orellas, fereixós... Rematamos bailando e xogando ao noso xeito e pasámolo moi ben!.