Entroido en Galicia / Documento pdf
O Entroido é por definición a festa máis subversiva do ano. Unha festa na que os costumes se relaxan, os roles se inverten e un pode rir de todo.
O Entroido galego (tamén chamado Antroido o Introido, entre outras denominacións), é ademais unha celebración de longa tradición popular, sobre todo na provincia de Ourense. E hoxe goza de moi boa saúde, aínda que algúns ritos e peculiaridades xa se perderon e outros estean en proceso de recuperación.
INFORMACIÓN RECOLLIDA DA PÁXINA DA XUNTA DE GALICIA
Non hai que esquecer que Galicia foi unha das poucas rexións de España que continuou celebrando o carnaval a pesar da prohibición. Hoxe a importancia do Entroido é tal que oito carnavais galegos exhiben con orgullo a cualificación oficial de "Festa de Interese Turístico". E máis de 175 municipios de Galicia declararon festivo o Luns ou Martes de Entroido ou o Mércores de Cinza.
Hai tamén outra lei que se cumpre estritamente: a dos banquetes gastronómicos. Porque en Galicia o Entroido acompáñase sempre dunha boa mesa. Unha cociña de gorentosos pratos, perfecta para reparar forzas, que ten como protagonista o porco e de acompañantes as patacas, os grelos e os garavanzos. De sobremesa, filloas, orellas, bica; e de remate, un bo licor café.
En Galicia hai nove entroidos que teñen recoñecemento de interese turístico:
- Un é Festa de Interés Turístico Internacional: o Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas)
- Outro é Festa de Interés Turístico Nacional: o Entroido de Verín (cos cigarróns).
- Sete delas teñen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico: o Entroido de Cobres (coas damas e os galáns), o Entroido de Laza (cos seus peliqueiros), o Entroido de Viana do Bolo (no que o personaxe central é o boteiro e que comparte protagonismo coa promoción do produto gastronómico da androlla), o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas mázcaras), os Xenerais do Ulla, o Entroido de Maceda (cos felos) e o Entroido de Vilariño de Conso (co boteiro coma personaxe estelar).