O Enterro da Sardiña en Viveiro carazterízase pola súa tradición e espectacularidade. Celébrase o Mércores de Cinza, último día dos festexos do Entroido.
A sardiña representa o Entroido e vai acompañada cun séquito fúnebre ataviados con túnicas brancas, turbantes e abelorios. Ao longo de todo o percorrido, polas rúas de Viveiro, entóanse varias cancións propias do noso Entroido.
No colexio de Celeiro fixemos tamén o Enterro da Sardiña. Ataviados con roupas brancas, turbantes... disfilamos polas rúas do Chao cantando as cancións que preparamos para a ocasión. Ao rematar queimamos a sardiña no patio do colexio en presencia das "choronas e autoridades que nos acompañaron".
Como en anos anteriores, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso, para recaudar fondos para as
excursións, venderán rifas
para sortear 3 grandes cestas entroideiras.
Os premios coincidirán
coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE:
Como este ano o noso Proxecto Documental é Viveiro, o noso Concello, a temática do Entroido será O ENTERRO DA SARDIÑA, que pon remate ao Entroido de Viveiro.
Unidade Didáctica realizada por Socorro Giz
(mestra e presidenta da Banda de Música de Viveiro).