Este ano o entroido celébrase os días 3, 4 e 5 de marzo. No colexio imos celebralo o venres anterior, 28 de febreiro,
en horario escolar. Faremos un pequeno desfile polas rúas do Chao e para
elo os nenos e nenos virán disfrazados atendendo ao tema do Proxecto
deste curso "O ANTIGO EXIPTO".
Este curso non imos seguir temática por cursos senón que cada neno ou nena virá disfrazado/a libremente seguindo o tema EXIPTO.
Este curso non imos seguir temática por cursos senón que cada neno ou nena virá disfrazado/a libremente seguindo o tema EXIPTO.
Ademáis faremos unha chocolatada que
acompañaremos cunha degustación de larpeiradas de entroido (filloas,
orellas, rosquiñas...) que cada neno/a traerá da súa casa.
Tamén levaremos a cabo a actividade: O MECO manda...
Queremos
comunicarvos tamén que, este ano para recaudar fondos para as
excursións, faremos rifas que venderán os alumnos e alumnas do 3º ciclo,
para sortear 3 grandes cestas entroideiras. Os premios coincidirán
coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE: 1º premio (sorteo do 25
de febreiro do 2013), 2º premio (sorteo do día 26 de febreiro) e 3º
premio (sorteo do día 27 de febreiro).